Que + necesitas?

Somos máis que Internet

Estamos o teu servizo para o que necesites

Sempre estamos buscamos novos servizos que poidan ser do teu interese, que che fagan a vida máis sinxela e nos que unicamente pagues polo que precisas.

+ COBERTURA

Routers Adicionais

¿A túa vivenda é moi grande? ¿Queres mellorar a cobertura en toda a casa?

Instalamos varios routers mesh adicionais que crean unha rede única e uniforme por todo o fogar. Esta tecnoloxía utiliza varios routers interconectados que funcionan como un único sistema, permitindo que a sinal se estenda de maneira máis eficiente e cubra cada recuncho da túa casa.

Os routers mesh ofrecen:

  • Cobertura Ampliada: Colocando varios dispositivos mesh estratéxicamente, asegúranos que a sinal chegue a todas as zonas, mesmo ás máis afastadas.
  • Conexións Múltiples: Os routers comunícanse entre eles para repartir a carga da rede e evitar puntos mortos.
  • Optimización Automática: A rede mesh selecciona automaticamente a mellor conexión dispoñible á medida que te moves, garantindo a máxima velocidade e estabilidade.
  • Instalación Sinxela: A configuración é rápida e sinxela, e a rede expándese facilmente engadindo máis unidades se o necesitas no futuro.

Así, mellorarás a calidade da conexión e disfrutarás dunha experiencia de navegación fluída e sen interrupcións.

Dende 60,00 €

Acudimos a túa casa, facemos medicións,

aconsellámoste e realizamos a instalación

Tarifa de fibra

INTERNET 4G

4G de Pizpireta Telecom

A opción ideal para aqueles que non dispoñen de cobertura de fibra ou internet rural de Akiwifi.

O noso servizo 4G proporciona unha conexión rápida, estable e sen complicacións para todas as túas necesidades de navegación. Se te preguntas como funcionaría o 4G na túa vivenda, ofrecemos a posibilidade de probar o servizo sen compromiso para que poidas comprobar a calidade da conexión.

Desfruta de navegación sen límites de GB, eliminando as preocupacións sobre o consumo de datos e asegurándote unha experiencia fluída e sen interrupcións. E para aqueles casos máis complexos onde a cobertura interior non é suficiente, dispoñemos de equipos de instalación exterior que poden colocarse en tellados ou fachadas para garantir a mellor sinal posible.

Experimenta a liberdade dunha conexión de alta calidade adaptada ás túas necesidades, sen ataduras nin sorpresas.

 

 

Sen límite de GB

29,95 €/mes

Alta e instalación 60€,

Router 4G incluido

Solicita un presuposto a medida antes de contratar

Elixe o que precisas e faremosche varios presupostos personalizados, segundo a cobertura na túa zona. Tranquil@, a túa información será confidencial e só a usaremos para enviarche os presupostos solicitados, sen compromiso e sen molestarche.

Asegúrate de haber posto ben todos os datos. Selecciona como queres recibir o presuposto e pronto nos poremos en contacto contigo para dicirche canto che custaría o pack a medida. Con prezo definitivo para sempre, sen subidas.
Abrir chat
💬 Necesitas axuda?
Escanea o código
Ola 👋
En que podemos axudarche?