Nós
Máis que unha marca.
Nacemos co obxectivo de achegar o acceso a Internet ás zonas rurais con carencias de telecomunicacións na zona do Barbanza e do Salnés.
Despois de máis de 20 anos traballando con diferentes redes wisp, coma “Wifi Pobra” ou “Akiwifi Barbanza”, e de ser socio fundador da asociación wifi “Rianxo sen Cabos”, decidimos dar o salto o mundo das Fibras, Wimax e da Telefonía de xeito Profesional.
Pero facémolo como sempre o fixemos: con franqueza, humildade, sinxeleza e moito traballo.
Ademáis, non só che ofrecemos acceso a Internet e telefonía, se non tamén TV, Internet 4G sen límite de descarga e á tecnoloxía por enlace WiMax de Akiwifi.
Traballamos continuamente para ofrecerche novos servizos que che axuden a facer a vida máis fácil, sempre dende un trato próximo, local e de confianza. Buscando una relacións de éxito a longo prazo contigo.
Internet Estés onde Estés
A Mellor Fibra do mercado
O noso produto estrela en vendas, é a unión de fibra óptica cunha liña de telefonía fixa e polo menos unha liña móbil. Todo iso por un único prezo moi especial. Ademais da liña móbil incluída no paquete, regalámosche outra liña móbil extra GRATIS con chamadas ilimitadas e datos. Podes integrar ata 4 líñas móbiles da túa familia a prezos de risa.
Todas as nosas liñas móbiles contan con Tripla Cobertura a máxima velocidade 4G: Yoigo, Orange e Movistar, para que nunca quedes sen cobertura.
- Cobertura de Fibra Nacional: Zonas NEBA de Movistar, Rede Aberta Rianxo, Yoigo, Lyntia, Orange e Vodafone.
- Atención ao cliente directa dende a nosa tenda da Pobra do Caramiñal: Pizpireta Telecom.
- Utiliza WhatsApp para o teu día a día connosco: solicita facturas, cambios de conta bancarias, contratación, dúbidas, Información, etc.
- Non che abandonamos. Acudimos a túa vivenda a resolver calquera tipo de problema que poida xurdir despois da contratación e durante a duración do contrato. Xa non terás habitacións sen wifi ou dispositivos sen Internet en ti vivenda.
- Poderás solicitar iP Pública variable gratis, ou Fixa por un prezo moi competitivo.
- Contamos con App Móbil para xestións básicas e control de consumos.
- Prezos imbatibles e sen sorpresas desagradables.
Estés onde estés, traballamos para ti
A filosofía dun operador local que nunca che abandona fronte o trato impersoal dos grandes operadores.