Axuda para fibra e móbil

Para Android

Descarga a nosa aplicaciónPizpireta Telecom“, xa dispoñible en Google Play.

Poderás consultar os teus consumos en calquer momento, xestionar e configurar a túa liña, ver e descargar as túas facturas e realizar outros trámites.

Recomendámosche descargala para que tamén poidas acceder ás últimas promocións e descontos.

 

Solicítanos por WhatsApp acceso a aplicación identificando o titular da liña. Enviaremosche ao teu correo unha ligazón para que poidas crear o teu usuario e contrasinal.

Para IOS (iphone)

Polo momento, non temos dispoñible unha aplicación para dispositivos iOS (iPhone). Pero igualmente podes consultar os teus datos e as túas facturas accedendo á área de cliente online.

¡Temos Tripla Cobertura! Escolle a mellor cobertura na túa zona: Yoigo, Orange ou Movistar.

Xeralmente, o proceso de selección de rede é automático; escollerá a rede con máis cobertura dispoñible na túa zona.

Tampouco terás problemas co funcionamento do teu teléfono fora de España se tes activo o Roaming (solicitao via whatsapp). Conectaráse automaticamente á rede dispoñible no estranxeiro.

Se o teu terminal é iPhone, o proceso é automático e non terás que realizar ningunha configuración.

Se o terminal é Android, recibirás unha SMS de configuración automática cando a liña estea activa.

Tamén podes realizar a configuración manualmente.

Accede a:

Menú > Configuración > Redes sen fíos e redes (se non se mostra, seleccione “Máis”) > Redes móbiles > APNs (tamén se poden chamar “Nomes de puntos de acceso” ou “NPA” no seu dispositivo).

Se non o atopas, proba:

Menú > Configuración > Datos móbiles > APN.

Agora configura un novo punto de acceso ou APN tocando os tres puntos verticais do menú ou o botón dereito do teléfono e seleccionando Novo APN e enche os seguintes campos:

Nome APN: Pizpireta
APN: internet
tipo de autenticación: pap
tipo de apn: default,suppl

Poderás escoitar as mensaxes de voz das persoas que che chamen e non podas coller a chamada. O correo de voz está activado por defecto. Abaixo amósamosche os códigos para a súa activación/desactivación.

Dende o teclado numérico do teu teléfono, introduce o código desexado para:

• Activación: *62*242* e tecla de chamada
• Desactivación: ##002# e tecla de chamada

Teña en conta que as mensaxes de voz, no buzón de voz, teñen unha determinada duración. Non podemos garantir que as mensaxes estean dispoñibles no buzón de voz despois de 15 días desde a súa creación.

Dende o propio teléfono chamar o:

242

Antes de desviar chamadas, tes que saber que este servizo funciona como unha chamada dun número a outro, co cal o desvío terá o mesmo custo que unha chamada normal.

Configura o teu desvío de chamadas en dous pasos:

Primeiro elixe o tipo de desvío que necesitas:

• Desviar todas as chamadas entrantes: 21
• Desviar a chamada se non se contesta: 61
• Desviar chamadas se o móbil está apagado/fóra de alcance: 62
• Desviar chamadas se está ocupado/conectando: 67

 

Logo Executa o tipo de reenvío cos seguintes códigos (no teléfono de orixe):

• Activar o reenvío: *tipo de desvío*teléfono de destino# e tecla de chamada.

• Desactivar o reenvío: ##tipo de desvío# e tecla de chamada.

• Comproba o reenvío: *#tipo de desvío# e tecla de chamada.

 

» Exemplo de desvío de chamada ao número 666555444:

Activa o reenvío de todas as chamadas:

*21*666555444# e a tecla de chamada.

Desactiva o reenvío de todas as chamadas:

##21# e a tecla de chamada.

Comproba o estado do reenvío configurado:

*#21# e tecla de chamada.

Podes bloquear as chamadas internacionais para evitar consumos innecesarios. 

Desde o teclado numérico do seu teléfono, introduce o código desexado para:

• Activación: *331*código persoal# e tecla de chamada
• Desactivación: #331*código persoal# e tecla de chamada

Activar ou desactivar a chamada en espera é moi sinxelo. Abaixo amósanse os códigos para a súa configuración.

Desde o teclado numérico do seu teléfono, introduza o código desexado para:

• Activación: *43# e tecla de chamada
• Desactivación: #43# e tecla de chamada

Explicamosche como bloquear as chamadas saíntes. Abaixo amósanse os códigos para a súa configuración.

Desde o teclado numérico do seu teléfono, introduza o código desexado para:

• Activación: *33*código persoal# e tecla de chamada
• Desactivación: #33*código persoal# e tecla de chamada

Explicamos como bloquear as chamadas entrantes facilmente. Abaixo amósanse os códigos para a súa configuración.

Desde o teclado numérico do seu teléfono, introduza o código desexado para:

• Activación: *35*código persoal# e tecla de chamada
• Desactivación: #35*código persoal# e tecla de chamada

Desde o teclado numérico do teu teléfono, introduce o código desexado para:

• Activación: *33*código persoal*16# e tecla de chamada
• Desactivación: #33*código persoal*16# e tecla de chamada

Queres recibir SMS con chamadas perdidas? Abaixo amósanse os códigos para a súa configuración.

Desde o teclado numérico do teu teléfono, introduce todos estes códigos en fila e por orde:

• *61*556# e tecla de chamada
• *62*556# e tecla de chamada
• *67*556# e tecla de chamada

Se queres eliminar todas as restricións da túa liña, só tes que introducir o seguinte código a través do teclado numérico do teu teléfono:

• #330*código persoal# e tecla de chamada

Dende o teclado do teu teléfono introduce o código:

*#06# + Tecla Chamada

Dende o teclado do teu teléfono introduce o código:

#31# e nº teléfono destino